PERSOEIR@S


Rianxo é unha das fermosas vilas que na Galiza mira cara ao mar. Situada no Barbanza, todos nós coñecemos as súas praias, festas, tradicións... Pero Rianxo é coñecida ademais por ser a terra de moitos persoeiros, que ao longo da historia levaron o nome da nosa vila a das súas xentes ata moi lonxe.
Nós agora queremos saber máis sobre estes artistas e por iso imos investigar para coñecer a súa biografía, coas súas raices rianxeiras. Poderemos ver como xa dende moi antigo, aló pola Idade Media empezaron a salientar os nosos persoeiros. Coñecendo a época na que viviron seremos quen de entender mellor as súas obras, que xa forman parte da historia da cultura da Galiza.
Imos procurar as pegadas que deixaron eles, nos seus textos ou nas súas obras, arredor da nosa vila. E á inversa, ver tamén como Rianxo, hoxe en día, garda e conta a memoria destes persoeiros, orgullosa de ser o seu berce.
Imos polo tanto aló, mergullarnos na súa historia, nas súas vidas; para construír as súas biografías co afán de saber máis.



TAREFA. Á procura dos nosos persoeiros.
  1. Procura información arredor dos máis notables persoeiros que Rianxo aportou á Literatura Galega. Fonte: O mar feito tradición
  2. Escolle parella para realizar un traballo de investigación arredor dun destes persoeiros:
    1. Paio Gómez Chariño
    2. Castelao  
    3. Manuel Antonio
    4. Rafael Dieste
    5. Brea Segade
    6. Faustino Rey Romero 
  3.  Selecciona a información pertinente na fonte dada para cada un dos persoeiros, reparte o traballo co teu compañeiro ou compañeira e elaborade con esa información unha biografía.
  4.  Seleccionade cada un dúas imaxes relacionadas co autor investigado e engadídeas ao voso texto expositivo.
  5. Presentade a vosa tarefa realizada para expor na aula ante os vosos compañeiros/as.  (Prazo para a realización da mesma 4 sesións ou 1 semana)  
  6. PARA A ELABORACIÓN DA BIOGRAFÍA NON ESQUEZAS SEGUIR AS INDICACIÓNS DADAS E RECOLLIDAS A TRAVÉS DOS ENLACES E NO DOCUMENTO QUE SE ENGADE A CONTINUACIÓN:


Ningún comentario:

Publicar un comentario