PEDIR E DAR INFORMACIÓN (TIL)

Cando nos movemos por unha vila ou cidade que non coñecemos é normal que teñamos que dirixirnos a alguén para preguntar onde queda un monumento ou como se chega a determinado sitio. É fundamental que empreguemos as normas de cortesía que rexen nas diferentes linguas, mais sempre hai que proceder con educación. Podemos comezar saudando (Bos días, Bom dia, Bonjour, Buenos días...). Ao rematar, non podedes esquecer dicir: Grazas, Obrigado/a, Merci, Gracias Agora deixámosvos aquí as fórmulas para portugués e francés PEDIR INDICAÇÕES EM PORTUGUÊS: (Tende en conta que os tres primeiros apelativos son tamen os que se empregan en galego e en castelán, coa adaptación do "disculpe") Desculpe, eu queria ir para….. Sabe como é que se vai para lá? Desculpe, podia dizer-me onde fica.....? Por favor, sabe onde é....? Faz favor, sabe dizer-me se é muito longe....? Faz favor, procuro.... Olhe, Faz favor de dizer onde fica...? DAR INDICAÇÕES: Fórmulas com as que podem começar as respostas: Com certeza. Olhe,..... Olhe, par ir a.....

Ningún comentario:

Publicar un comentario